POR QUE NON?

|

Acreditamos  na  fin do réxime que naceu da reforma pactada e que non foi compartida polos nacionalistas de esquerdas?  Estamos nun estado de emerxencia? Mudou algunha cuestión relevante na cuestión nacional, social ou económica que explique que os partidos nacionalistas e os da esquerda rupturista non sumen as súas forzas? Velaí , pois,que é obrigado sumar forzas na Galiza e alén do noso país para sermos quen de acadar a creba democrática que abra un novo proceso constituinte. E as eleccións europeas poden servir como un ensaio.
O 25 de setembro de 1976 o PSG , con Beiras como embaixador, trasladáballe á Plataforma de organismos democráticos reunidos en Valencia un documento  no que lles expresaba que  “ el ejercicio de los derechos nacionales de Galiza... es consustancial con el proceso de ruptura democrática”.  O que onte non foi posíbel, hoxe é imprescindíbel.Ficará algún pexego no meu pexegueiro?

POR QUE NON?