ADQUISICIÓNS PÚBLICAS

|

Levo un tempo esquivando o tema pero creo que teño a obriga de falar das adquisicións públicas de carácter artístico que está a desenvolver o goberno local do PP. É un tema difícil para min xa que entre outras cuestións gardo algún morto no meu armario. Froito desa experiencia persoal prometinme non volver comprometerme en determinadas circunstancias.
Loxicamente é unha posición persoal e non debe xeneralizarse. O que si debe ser norma, mesmo para protexer ós artistas que asinan as pezas, é que se realicen estas prácticas da forma máis transparente posible. Tamén debe contarse con expertos na materia; a polémica é inevitable, acontece con obras de nivel, pero é importante contar con criterio profesional. A participación cidadá é imprescindible á hora de evitar tensións na elección do “festexado” e non menos importante é saber escoller o momento. O mundo da arte, non se deixen enganar, sobrevive na miseria.

 

ADQUISICIÓNS PÚBLICAS