Taxi

 o tema do taxi, como o levades en Cedeira?
Está organizado ou cadaquén actúa a libre albedrío?
Hai turnos e quendas para festivos e servizos nocturnos?
Non soupen contestar as cuestións de persoas molestas por ter que recurrir a taxis doutras localidades para trasladalas. Eu mesmo fun testigo dunha situación semellante. Unha amiga de fora tras acudir a cear na vila decideu arredor da unha da mañán solicitar o servizo de taxi para retornar ao seu domicilio.
As chamadas a todos os profesionais con licenza no concello sucederonse ao longo de media hora.Un estaba no aeroporto á espera dun cliente, outros, a maioría declinaron amablemente a demanda, e o último, ”home comprometido co servizo ao público”, tras escoitar a petición, colgou sen dar ningún tipo de explicacións.I ndignada, recurreu entón a Valdoviño e, ao primeiro contacto resolveu o asunto.
Deus apreta,pero non afoga,algúns enténdeno así. 

Taxi

Te puede interesar