Algaradas

Resulta perigoso pensar que a violencia é un recurso para rematar cos problemas, que hai que recorrer a ela cando están esgotados todos os procedementos para chegar a solucións complicadas. Algúns grupos buscan calquera escusa para montala gorda, tanto lles dá “chicha” que “limoná”. O que está ocorrendo estes días en Cataluña, en Barcelona concretamente, é preocupante: o pretexto da famosa sentenza do procés dou pé para que un grupo de desalmados incontrolados converteran nun estado de sitio á cidade de Barcelona facendo das súas algaradas un espectáculo público trasmitido en directo por varias canles de televisión onde un numeroso grupo de encapuchados loita a brazo partido contra as forzas de seguridade destrozando ao tempo todo o que encontran ao seu paso. A verdade eu non creo que esa xente sexa nacionalista por moi cabreados que estean moitos nacionalistas co que está sucedendo, máis ben penso que son eses mesmos que buscan liorta nos campos de fútbol, que se citan con outras bandas para montar cisco, que non lles importa un comino a política nin as causas que motivan os desencontros. Hai outra xente, por fortuna a maioría, que se manifesta pacificamente, hai moitos nacionalistas que defenden os seus postulados polos cauces civilizados e son quen de demostrar que medio millón de persoas xuntas protestando, proclamando consignas, poden retirarse logo e deixar a cidade impoluta. Os “violentistas” buscan outra cousa: que os televisen nas súas accións e canto máis tempo estean as cámaras pendentes deles máis queiman, máis destrozan. Cando estaba a ver a desfeita que estaban organizando pensei que hai uns anos esto mesmo acontecia no casco vello de Bilbao coa kale borroka enfrontandose á policia e destrozando canto mobiliario urbán atopaban ao seu paso pola rúa pero sen televisón, claro. Ben está que o ollo do “Gran Hirmán” estea aí para observar e que saibamos quen é quen nesta historia de violencia descontrolada, como fórmanse subgrupos como ese que a man alzada cantaba o “Cara al Sol” diante doutro que enarbolaba señeras coa policía polo medio tratando que non se producira un sub-lío dentro do lío. En fin, que nestas andamos coas eleccións ao virar da esquina cando debéramos saber que a solución a estes problemas,(¡ ai bendita utopía!) podémola atopar votando. En democracia a forza está nos votos e non na violencia desatada na rúa. Organicémonos pois nese senso e tratemos de levar a cousa polos cauces axeitados. A ver.

Algaradas

Te puede interesar