Para Medos

Non podes imaxinar, benquerida Medos, as veces que te lembrei nestes últimos días. Unha estadía hospitalaria dun dos meus proxenitores fixo que nunca estivera tan próximo a eses sentimentos e sensacións que tan ben sabes transmitir nas túas creacións poéticas e narrativas. A dor, o sufrimento, a enfermidade, a aflición ou os salaios rodeáronme durante días. E polas noites, o silencio das habitacións, só cortado polo batexar do osíxeno líquido ou o son dos timbres requerindo a presenza de persoal sanitario, facían visíbel o invisíbel. E como quen non quere a cousa, chego á conclusión de que non sabemos morrer, pero o que é peor, non sabemos vivir. Perdemos o tempo as máis das veces en cuestións superfluas que elevamos á categoría de imprescindíbeis. Por iso acredito tanto no que comentabas nalgures sobre o teu libro Do corpo e a súa ausencia: que fala moito da marabilla que é vivir. A vida, como un trevo da sorte.

Para Medos

Te puede interesar