María Xosé Porteiro

ermítanme un comentario sobre esta periodista e escritora de recoñecida traxectoria, a cal coñecín – inicialmente – na súa etapa de dirixente política. Co transcurso dos tempos, fun o responsable da súa presencia en Ferrol para presentar a que fora a súa primeira novela “Covardes” (hai máis dunha década), que xiraba arredor da vida de mulleres prostituídas en Vigo. 
Naquel tempo, tamén fun o responsable de publicar, na revista de Fuco Buxán, un artigo seu sobre violencia de xénero, acompañándoo precisamente da portada daquel libro, que xerou un debate de se a prostitución era ou non violencia contra das mulleres.
Agora, e editado por Galaxia, Porteiro trae unha nova novela: “Sándalo”. Unha historia que percorre douscentos anos de historia, sociedade secretas, política e erotismo. Unha historia que volve a enlazar a Galicia con esa Cuba, que provócanos eses sentimentos tan preto do corazón.
 

María Xosé Porteiro

Te puede interesar