A investidura da vergoña

|

Realmente non teño claro se é máis a investidura da vergoña ou da desvergoña.
Vergoña de ver como o señor dos hilillos volve capitanear o buque afundido polos sete mares da corrupción, do engano, do máis vil latrocinio perpetrado contra os elos máis febles desta sociedade.
Os piratas da sanidade, da educación, da economía, das pensións, volven navegar ás súas anchas co beneplácito ilegal de quen debía actuar en defensa dos cidadáns que o votaron. Desvergoña, porque non hai merande desvergoña que asumir novamente o mando ríndose, coa cara ben lavada, dun pobo saqueado e burlado. Certamente triste que non haxa outra cousa que resaltar por parte dos medios que a vergonzante abstención socialista, como se non houbera sobrados argumentos para desmontar a investidura de Rajoy e este goberno vergonzante. Quédome unicamente coas bágoas de dignidade de Pedro Sánchez. Deixar a acta de deputado por coherencia e derramar sentimentos en público é o único xesto de dignidade, xunto cos “non” pronunciados por quen non se deixa domar.
 

A investidura da vergoña