ANO NOVO, CONSELLEIRO NOVO?

De se confirmar que o sr. Vázquez abandona a Consellaría de Educación, con certeza que somos moitos cidadáns os que recibimos con profunda alegría a noticia. E non só os ensinantes. E despídese recortando no 2015, máis unha vez, os orzamentos naqueles aspectos que teñen unha maior carga social (comedores, libros de texto e transporte escolar) e aqueles outros que inciden na marcha dos centros como poden ser os gastos de funcionamento. Tras del fican numerosas mobilizacións, folgas e protestas dos distintos sectores e estamentos do ensino e uns centros moi deteriorados nas súas infraestruturas e posibilidades de servizo. A súa pegada, en definitiva, en calquera dos niveis educativos vai ser difícil de borrar.
O picafollas brinca entre as espidas ramallas. A nortada peta con forza nas cristaleiras. No Porto Chico os mariñeiros están a achicar os botes e gaivotas, araos e charrás, agardan no taro a maré.

 

ANO NOVO, CONSELLEIRO NOVO?

Te puede interesar