Ata sempre, camarada

Arrancou a semana cunha mala nova: a da morte de Luís Pérez Filgueira, “Lucho”. Ao saber do triste sucedido, fixen memoria e non fun quen de velo nas xuntanzas políticas de varios meses atrás, diría que do último ano. Mais si o teño moi presente nas imaxes que conservo da maior parte das reunións de Esquerda Unida ou do PCG ás que acudín nos últimos anos, cando volvín vivir a Ferrol, despois dun lote de anos na Coruña. Malia a súa avanzada idade, Lucho era un dos fixos nas asembleas, nas que gustaba de participar, coa súa palabra sempre educada, cordial, respectuosa, para deixar constancia do seu punto de vista nos asuntos a tratar, para aportar o seu saber, ese coñecemento que proporciona a experiencia dunha longa vida de incansable e coherente loita política e sindical.

Ademais da ideoloxía, a Lucho tamén me unía o racinguismo -falamos do tema en máis dunha ocasión-, o seu moi superior ao meu. Era nada menos que o socio co carnet nº 1 do Racing, algo que descoñecía ata que o lin nos xornais con ocasión do seu falecemento.  Ata sempre Lucho, camarada.

 

Ata sempre, camarada

Te puede interesar