lll

Recibe cada mañana las últimas noticias. REGISTRARME

Recibe las noticias desde Telegram. ÚNETE

Luz Castro: “Moitos videoxogos de éxito naceron dunha ‘game jam’”

Captura de pantalla do videoxogo “Shipulse” creado por estudantes da primeira promoción do máster ferrolán na “Meninas Jam”

O pasado curso, o coordinador do Máster en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos que se imparte no Campus de Ferrol, Antonio Seoane, e a profesora no devandito programa e confundadora de Videoxogo.gal, Luz Castro –ámbolos dous ferroláns– decidiron organizar na cidade unha “game jam” –encontro de desenvolvedores de videoxogos para idear novos produtos–.


Puxéronlle de nome “Meninas Jam” –en homenaxe á iniciativa artística impulsada polo pintor Eduardo Hermida no barrio de Canido– e elixiron o tema do mar e dos barcos como eixo central das propostas, nun guiño, neste caso, á cidade naval.


O encontro, que tivo unha excelente acollida, vén de quedar agora finalista nos Premios DeVuego 2020 na categoría á mellor Gam Jam. O devandito portal está recoñecido desde o ano 2018 por parte da Asociación Española de Videoxogos (AEVI) como a principal base de datos do sector en España.


Satisfacción

“Estivo moi ben chegar ata á final, porque o certo é que non contábamos con iso, xa que era a nosa primeira edición do encontro e este é un certame a nivel estatal. Estamos moi satisfeitos”, recoñecía onte Luz Castro.


O protagonista da edición de 2020 dos devanditos galardóns foi o xogo “Call Of the Sea”, desenvolvido polo estudo madrileño Out of the Blue Games, que obtivo sete premios. As votacións dos premios correron a cargo de máis de 4.000 usuarios do portal que se animaron a dar a súa opinión das propostas do ano. “Son uns premios moi interesantes porque que os concede é a propia industria”, comenta Castro.


Aínda que xa ao remate do primeiro encontro ferrolán, os organizadores amosaron a súa intención de continuar con novas edicións, este recoñecemento supón unha dose extra de motivación para seguir adiante, se ben todo dependerá das circunstancias que se vaian dando no marco da actual situación sanitaria e das restriccións pola pandemia da Covid-19.


Creación

Precisamente por mor da crise do coronavirus o evento ferrolán viuse obrigado a desenvolverse de xeito telemático, rexistrando aínda así unha boa acollida na súa posta en marcha. Concluíu coa creación de doce propostas de videoxogos, de entre as que sobresaíu á dos gañadores, cinco estudantes do máster ferrolán.


O seu traballo, “Shipulse”, mereceu todos os eloxios do xurado. “Houbo un gran nivel nos traballos, pero o deste grupo de estudantes destacaba especialmente, foi o máis completo”, lembra Castro. Aínda que estaba aberta á participación de calquera persoa, o certo é que este tipo de actividades xeneran unha gran motivación entre o alumnado. “Permítelles poñer en práctica os coñecementos e dar a coñecer o seu traballo”, salienta a profesora.


“Unha ‘game jam’ é unha boa forma de probar se os videoxogos funcionan ou non. Hai moitos videoxogos de éxito que naceron dunha ‘game jam’”, considera.

Luz Castro: “Moitos videoxogos de éxito naceron dunha ‘game jam’”

Te puede interesar