A singular traxectoria literaria de Marcelino Sisto Deibe viviu martes un momento cenital coa presentación no Centro Torrente Ballester do seu segundo libro, “Loaira serodia”. Foi un acto organizado polo Liceo Europeo de las Artes, coa presenza da súa presidenta, Carmen Soto, así como do presidente da Deputación, Diego Calvo, e do alcalde de Ferrol, José Manuel Rey.
Sisto recupera boa parte da súa poesía da ultima década, moita dela premiada en diversos certames, caracterizada pola súa vinculación a lugares de Ferrol. n