Semente de Trasancos avanza cara á creación dun espazo educativo en galego e de carácter popular

Semente de Trasancos avanza cara á creación dun espazo educativo en galego e de carácter popular
Copia de Diario de Ferrol-2014-04-27-007-9f184880

Amodo pero con paso firme, a asociación Semente de Trasancos avanza no artellamento do seu proxecto educativo: a apertura dunha escola popular, en galego e cunha medotoloxía respectuosa coas crianzas e baseada principalmente en experiencias convivenciais e no contacto coa natureza.
A idea de Semente prendeu primeiro en Compostela, vai xa para tres anos, cando o proceso de desmantelamento e deturpación da rede de “galescolas” non tiña volta atrás.
Iria García, Olaia Ledo e Silvia Casal, entre outros promotores, decidiron trasladar a experiencia compostelá e, posteriormente, viguesa á bisbarra de Ferrolterra. “Somos un grupo de persoas dos concellos da contorna”, explican, “que decidimos poñer en marcha esta iniciativa ante a constatación de que non había ningunha escola para a etapa preescolar que non garantise unha escolarización en galego”. Os impulsores de Semente de Trasancos, que se rexistrou como asociación o ano pasado, gostan referirse a el como “espazo educativo” porque racha coa visión “asistencial” do modelo tradicional de garderías.

apertura
A escola da capital de Galicia xa está aberta e en Vigo contan con abrir o vindeiro mes de setembro. O proxecto está enfocado para nenos e nenas de 2 a 6 anos –a partires desa idade é obrigatoria a escolarización nun centro do sistema educativo convencional– e o obxectivo é poder abrir canto antes. Nestes intres, din, están na procura dun local axeitado e organizando actividades de carácter público para tratar de atraer cara ao seu proxecto a máis xente. A máis próxima será o vindeiro  xoves en Pontedeume, co gallo dos Maios.
Semente ten xa unha ducia de familias con crianzas dispostas a lanzar a escola, e con cinco ou seis cativos máis garantiríase a supervivencia económica da mesma.

Semente de Trasancos avanza cara á creación dun espazo educativo en galego e de carácter popular

Te puede interesar