A ameixa foi a gran protagonista nas xornadas gastronómicas de Mugardos

A ameixa foi a gran protagonista nas xornadas gastronómicas de Mugardos
Xornadas da Ameixa en Mugardos Mesón a Jarabeta

Durante esta pasada fin de semana celebráronse as Xornadas Gastronómicas da Ameixa de Mugardos, unha das delicias culinarias da vila mariñeira. O Concello de Mugardos, Hostelería, Cofradía de Pescadores de San Telmo, Grueiro e a Deputación Provincial colaboraron na posta en marcha desta iniciativa que trata de resaltar que en Mugardos non só se prepara de xeito excepcional o polbo. De feito, que o molusco puido probarse ata de sete formas diferentes que foron as da cada un dos locais participantes. Estes foron o As de Guía, La Posada del Mar, Malecón, Muelle 43, Restaurante A Jarabeta, Tapería Plaza e mesón La Isla. O produto servido ao mediodía do sábado e o domingo foi recollido polas mariscadoras da confraría local. As ameixas servíronse como tapa de xeito gratuíto coas consumicións dos clientes, a quen se lles facilitou un receitario coa información sobre o contido e a forma de preparar cada unha das tapas.
Trala fin de semana, o Concello quedou moi satisfeito coa resposta do público a esta iniciativa e salientou que “Mugardos ten un importante número de mariscadoras que se esforzan por ter unha profesión dura que engade valor ao noso pobo. Recoñecer este labor e divulgar as excelencias da ameixa que extraen dos nosos areais e ribeiras debe ser unha obriga de tódolos sectores implicados na promoción económica e turística”.
Finalmente, o goberno local agarda a que esta iniciativa poida ter continuidade nos próximos anos “como un xeito de valorar o traballo das mariscadoras e dos produtos da nosa gastronomía”, sinalan.

A ameixa foi a gran protagonista nas xornadas gastronómicas de Mugardos

Te puede interesar