O compositor Xavier Pagès i Corella gaña o X Premio Andrés Gaos

O compositor barcelonés Xavier Pagès i Corella gañou a X edición do Premio de Composición Andrés Gaos, que organiza a Deputación da Coruña. Fíxoo coa partitura “Desde el fondo del espejo”, escollida polo xurado de entre as 52 que se presentaron ó certame. Foi un récord de participación, con pezas que chegaron desde Italia, Estados Unidos, Holanda e Francia.
A obra premiada “presenta un gran dominio da técnica e resulta moi esixente para a orquestra”, subliñou o xurado na lectura do fallo. Tamén destacaron da partitura de Pagès que “ten unha escrita moi precisa, mostrando o gran virtuosismo do compositor e requerindo solistas en moitas das partes da representación da orquestra”.
O premio consiste nunha recompensa económica de 6.500 euros, ademais da posibilidade de que a Deputación poida producir e estrear a obra premiada nun prazo de dous anos.
 O xurado estivo formado por Antón García Abril, Marisa Manchado, Diego García, Patricia Sánchez Cao e Xoán M. Carreira. Actuou como comisario Andrés Lacasa Nikiforov.
Xavier Pagès estudou piano e composición nos Consevatorios de Barcelona e do Liceo, obtendo Mención de Honor en dirección de orquestra. Ampliou estes últimos estudos no Conservatorio de Viena. Foi galardonado en numerosas ocasión polo seu traballo creativo, logrando premios como o de Tarragona, o Félix Martínez Comín, o Ciudad de Reus, ou o de composición para cordas de Oare (Reino Unido).

O compositor Xavier Pagès i Corella gaña o X Premio Andrés Gaos

Te puede interesar