O BNG insiste en que o acordo do Consello de Ministros suporá o peche de Astano

O BNG insiste en que o acordo do Consello de Ministros suporá o peche de Astano
Diario de Ferrol-2014-09-09-006-5682ab82

A deputada do BNG no Congreso Rosana Pérez asegurou onte que a decisión do último Consello de Ministros de xullo pola que se asigna ao Ministerio de Defensa a responsabilidade da planificación, a dirección, o control e mais a execución da política do sector industrial da defensa terá consecuencias “devastadoras” na construción naval civil até o punto de  significar, dixo, “o peche definitivo da antiga Astano”.
Pérez informou da proposición non de lei para o seu debate na vindeira Comisión de Economía e Competitividade e na que vencella a medida adoptada polo gabinete de Rajoy coa confirmación do levantamento do veto á construción civil a partires do 1 de xaneiro próximo.
A nacionalista lembrou que desde o comezo o BNG deu “en solitario” a batalla pola “inxustiza” das restricións á construción civil e pregunta polo que está a facer o Goberno para que Navantia Fene estea preparada en 2015 para poder competir con estaleiros do resto do mundo. “Teñen todos os deberes por facer”, lamentou.
Alén do que aconteza en Astano, a deputada do BNG expresou a súa preocupación polo futuro do estaleiro de Ferrol, que, dixo, vén ser unha peza máis da “folla de ruta que quer seguir o Estado  para, ao abeiro da UE, crear un grande grupo naval de construción militar” que, engadiu, “poida competir con Estados Unidos”.
“De que serve que se levante o veto á construción civil se é Defensa quen asume a política do Goberno nos estaleiros públicos”, preguntou Pérez, quen instou ao Executivo central a que agora que se van comezar a elaborar os Orzamentos do Estado inclúa partidas para “recuperar o sector civil no mercado internacional”. n

O BNG insiste en que o acordo do Consello de Ministros suporá o peche de Astano

Te puede interesar