Máis “bailongos e enérxéticos que nunca” amósanse os integrantes da Familia Caamagno no seu novo traballo “Había que intentalo”, un compendio de melodías pop, ritmos frenéticos e pegadizas letras que esta noite sonará na cidade naval dentro do programa de festas de verán.
Será a partir das 21.30 horas no Auditorio de Ferrol e as entradas poden ser retiradas a través da plataforma Ataquilla.com. Nacida a finais de 2010 en Sigüeiro, a formación trae así á cidade naval a súa alegre proposta.
Fin de semana
O concerto desta noite precederá a unha fin de semana na que se intensificará a actividade do programa festivo coa celebración da Batalla de Brión, os concertos de música de Javier Ruibal (mañá) e ELE (o domingo), propostas para o público infantil e familiar (Mamá Cabra e Alauda Teatro) e outras actuacións de animación na rúa como a actuación mañá da Banda de Gaitas do Toxos e Froles e a batukada prevista para o domingo a cargo de Kilomberos de Monte Alto.
De pechar as Festas de Verán de Ferrol encargarase Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, co concerto previsto para o luns ás 21.30 horas en Armas. Antes, ás 19.30 no Parque Raíña Sofía, a compañía Sincronacidas ofrecerá o seu espectáculo de clown e circo reivindicativo “OhOlimpiadas”.