SAN SADURNIÑO - O Concello aproba un documento contable para 2015 de 2,8 millóns

SAN SADURNIÑO - O Concello aproba un documento contable para 2015 de 2,8 millóns
Diario de Ferrol-2015-01-25-015-1cd7d3bc

O goberno municipal de San Sadurniño aprobou o pasado xoves pola tarde os orzamentos para este ano. Como xa se lembrará, o Partido Popular presentou varias alegacións aos mesmos, aínda que “sobraron 15 minutos para desbloquear a aprobación do documento contable”, como reseñan desde o Concello.
Os populares presentaron por rexistro un documento centrado en tres cuestións, por unha banda falaban de “presunta ilegalidade na tramitación e no feito de que haxa servizos deficitarios e, por outra, falta de previsión de partidas en concepto de posibles indemnizacións de caracter xudicial. Tamén incluíron como alegación unha proposta de redistribución de varias partidas de gasto. Sobre este último aspecto o voceiro popular recoñeceu “ter cometido un erro de cálculo”, tendo en conta que as cifras achegadas nas alegacións deixarían descadrados os orzamentos. En canto a redistribución de partida, desde o goberno critican que “o PP non achegase ningunha proposta” durante o prazo de tramitación do documento nin na preceptiva comisión informativa previa. Así as cousas, o voceiro do BNG, Suso Soto, acusou ao PP de tentar “entorpecer o procedemento e retrasar os orzamentos para que os investimentos tarden en executarse”.
O documento económico, de 2,8 millóns de euros, aprobouse cos votos en solitario do grupo de goberno e os votos contrarios de populares e o único edil do PSOE na corporación.
Os orzamentos, xa en vigor, ascenden a 2.796.800 euros, o que supón unha suba do 11,9 % en relación cos do ano pasado.

SAN SADURNIÑO - O Concello aproba un documento contable para 2015 de 2,8 millóns

Te puede interesar