O Asador Gavia ofrecerá ata o 13 de febreiro un menú especial co porco celta como protagonista

A oferta gastronómica do Asador Gavia, o restaurante do hotel Carrís Almirante, refórzase durante o Entroido coa celebración das segundas xornadas dedicadas ó cocido de porco celta.

Desde hoxe mesmo e ata o 13 de febreiro poderase degustar un menú especial que inclúe sopa e, despois, un contundente cocido no que non faltan o botelo, o chourizo, o lacón, o touciño, a costela ou a cachucha. Todo acompañado por garabanzos, patacas e, por suposto, grelos, e regado cun viño da Ribeira Sacra. Como sobremesa ofrecen filloas recheas e orellas. O prezo deste menú é de 25 euros e inclúe aparcamento.

Estas xornadas emulan ás que xa se celebran no restaurante do hotel Carrís de Sarria, en Lugo, que colabora coa organización da festa do Cocido do Porco Celta desta localidade.

O Gavia celebra ó longo do ano outras xornadas gastronómicas, como as que dedica ó bacallau ou ó asado segoviano.

 

O Asador Gavia ofrecerá ata o 13 de febreiro un menú especial co porco celta como protagonista

Te puede interesar