Kidsco Balance xestionará todas as escolas infantís da Armada, incluída a de Ferrol, este curso

Kidsco Balance xestionará todas as escolas infantís da Armada, incluída a de Ferrol, este curso
Diario de Ferrol-2014-09-12-011-65e60f55

A empresa Kidsco Balance farase cargo dos 25 centros de educación infantil de 0 a 3 anos que a Armada ten repartidos en todo o Estado. Un deles, a escola Grumete, está en Ferrol.
A Xunta de Contratación do Ministerio de Defensa publicou onte no BOE a resolución do acordo marco dos servizos de xestión destas escolas, cuxo orzamento total ascende a algo máis de 7.763.000 euros, isto é, un 35% menos que o valor estimado do contrato que figuraba no anuncio de licitación.
A oferta do Ministerio de Defensa está dividida en dous lotes.  Un primeiro constituído por 22 centros en Ferrol, Zaragoza, os 9 de Madrid, Mallorca, Albacete, Badajoz, Granada, os tres de Murcia e os dous de Cádiz e das illas Canarias, e un segundo formado polos de Almería, Córdoba e Melilla. Ámbolos dous concursos gañounos a empresa Kidsco, o primeiro cunha oferta de perto de 6,7 millóns, e un segundo por 1.070.000 euros.
A adxudicación prodiciuse o 23 de xuño e a formalización do contrato, o 28 de xullo. n

Kidsco Balance xestionará todas as escolas infantís da Armada, incluída a de Ferrol, este curso

Te puede interesar