O día 16 chega a Ferrol o country alternativo da banda The Sadies

O día 16 chega a Ferrol o country alternativo da banda The Sadies
Diario de Ferrol-2014-10-05-013-dae69e65_1

Curiosamente, algúns dos máis destacados músicos dentro do country (estilo rebautizado como “americana”) non son de Estados Unidos, senón de Canadá. Desde nomes clásicos dos anos 60 e 70 como The Band ou Neil Young ata adelantados pupilos como Ron Sexmith ou The Sadies. Precisamente o cuarteto de Toronto estará o próximo día 16 en Ferrol dentro da xira “Son Estrella Galicia” patrocinada pola marca de cervexa. Será na sala Súper 8 e as entradas xa están á venda a un prezo especial de 10 euros, 12 anticipada e 15 en taquilla.  
Despois de dúas décadas e 15 discos publicados en solitario ou colaboración, a banda dos irmáns Good caracterízase por unha mestura de garaxe, psicodelia, rockabilly surf e bluegrass. Unha escolma dos estilos tradicionais da música americana posto ao servizo dunha presentación impecable, tanto no vocal como no instrumental.
Entre os seus discos máis significativos están as colaboracións coa cantante Neko Case “The Tigers Have Spoken” (2004) e “Country Club” (2009) con John Doe. Precisamente con Doe protagonizaron a súa penúltima xira por España, cando en outono de 2009 presentaron este álbum conxunto.
Tamén destacan dous traballos (“New Seasons” e “Dark Circles”) coa colaboración, tanto na produción como na composición, de Gary Louris, o líder dos populares The Jayhawks, nos que deron o mellor de si no estudio de gravación, saltando con apliques de frescura e profundidade de Johnny Cash a The Shadows y de aí ás músicas da época pre-Beatles que acabarían conformando o recoñecible son do rock´n´roll.
Nestes últimos anos o seu prestixio internacional medrou notablemente por teren colaborado tanto en disco como nos seus intensos concertos en directo con artistas como Garth Hudson (The Band) e o propio Neil Young. Sen dúbida a mellor banda de rock que pasou este ano pola cidade.

O día 16 chega a Ferrol o country alternativo da banda The Sadies

Te puede interesar