O Premio José Couso recoñece o labor dos periodistas españois liberados en Siria

O Premio José Couso recoñece o labor dos periodistas españois liberados en Siria
GRA403. MADRID, 09/12/2013.- Foto de archivo de los periodistas Javier Espinosa (d) y Ricardo García Vilanova, liberados en Siria tras más de seis meses de secuestro, capturados el 16 de Septiembre en Tal Abyad, en la provincia de Raqqa. EFE

A candidatura conxunta de Ricardo García Vilanova, Javier Espinosa e Marc Marginedas, unha das cinco presentadas, logrou a X Edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa que, un ano máis, organizan o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), o Club de Prensa de Ferrol e a Obra Social ‘la Caixa’.
Os tres profesionais, secuestrados en Siria e recentemente liberados, compartían candidatura en recoñecemento ao seu traballo e á difícil labor de informar nestes momentos en Siria, con mención especial a Vilanova polo seu traballo como freelance sen ter a cobertura dun gran medio detrás.
Tras darse a coñecer onte o fallo na sede coruñesa de la Caixa, levouse a cabo unha multiconferencia cos tres xornalistas premiados. Nela, Marginedas afirmou que, para el, “o xornalismo é estar aí e ir aos sitios onde está a noticia, e tamén pórlle cara aos números”.
Pola súa banda, Javier Espinosa tamén incidiu neste tema da importancia de estar nos lugares onde se producen os feitos e comentou que “un freelance, por exemplo, cobra uns cen euros por unha reportaxe e un escolta, nestes lugares, cobra douscentos, co que acaban desenvolvendo o seu labor sen escolta”.
García Vilanova, pola súa banda dixo que estaba “abrumado” polo apoio recibido nestes meses e quixo dar as grazas especialmente aos compañeiros, encabezados por Gervasio Sánchez, que o estiveron a apoiar durante o secuestro e que puxeron en marcha unha iniciativa para que recupere o seu equipo de traballo, dado que neste tempo non tivo ningún ingreso.
Os tres xornalistas confirmaron a súa asistencia á entrega do premio, que terán lugar o vindeiro 30 de abril en Ferrol. O acto irá acompañado do Concerto pola Liberdade, que este ano corre a cargo da Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Maximino Zumalave.

paixón por contar
Ricardo García Vilanova (Barcelona, 1972) é un video e fotorreporteiro freelance que leva 15 anos traballando como fotoxornalista. O seu traballo publicouse nos xornais e revistas máis prestixiosos e expúxose en varias capitais do mundo. Desde o 16 de setembro ao 29 de marzo estivo secuestrado en Siria por un grupo vinculado a Al Qaeda. Xunto a el foi tamén secuestrado Javier Espinosa, enviado especial do xornal El Mundo ao conflito sirio. Nacido en Málaga en 1964, iniciou a súa carreira xornalística en Canarias e desde 1994 publica en El Mundo, paar o que ten sido correspondente en México e Marrocos.
Marc Marginedas, pola súa banda, naceu en Barcelona en 1967 e comezou a súa traxectoria profesional hai 25 anos como correspondente en Arxelia. É redactor de El Periódico desde 1992 e na actualidade exerce como enviado especial en zonas de conflito, como Irak, Afganistán ou Siria. Foi secuestrado nos arredores de Hama o 4 de setembro e liberado o pasado 2 de marzo.
O acto no que se deu a coñecer o galardón aos periodistas contou coa intervención do vicepresidente do Club de Prensa de Ferrol, Xoán Rubia; Marc Arthur Benhamou, director territorial de ‘la Caixa’ en Galicia; o secretario do premio, Darío Janeiro Janeiro, que quixo transmitir “o alento e o apoio total á familia de José, que loita incansablemente, contra as dificultades que vai atopando”, e o decano do CPXG que expresou a súa convicción de que “o premio deste ano non é concedido aos gañadores polo feito do secuestro en si, senón polas condicións nas que desenvolven o seu traballo os xornalistas en situación de conflito cuxa situación é cada vez máis precaria”.

O Premio José Couso recoñece o labor dos periodistas españois liberados en Siria

Te puede interesar