Creacións cheas de talento e imaxinación

Creacións cheas de talento e imaxinación
Diario de Ferrol-2018-04-29-011-0be785bf

O centro cultural Torrente Ballester acolleu onte a entrega de premios da cuarta edición do certame Carmela Loureiro, convocatoria dirixida a escolares e estruturada nas categorías de microrrelatos (150 palabras), micropoesías (seis versos) e microteatro (máximo 600 palabras).
Convocado polo municipio ferrolán a través da área de Normalización Lingüística e da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra, ten por obxecto estimular a creación dos rapaces nas devanditas modalidades.
O premio é unha homenaxe a unha profesora de Ferrolterra que durante anos, e ata o seu falecemento, dedicou o seu tempo e o seu saber á lingua e aos máis novos, lembraron desde o Concello ferrolá.
O alcalde, Jorge Suárez, encargado de presidir o acto xunto ao concelleiro Álvaro Montes, agradeceu o traballo e a implicación de todos os centros da comarca e gabou o talento e a calidade dos textos presentados, breves “pero XXL” en imaxinación e emoción.
Intercentros
Os gañadores da edición saíron dos 67 proxectos seleccionados na fase intercentros (27 en micropoesía, 37 microrrelatos e 3 en microteatro).
O xurado estivo composto por Manuel Francisco Rañal, Paula Carballeira, Andrea Agulló, Lucía Ferreiro e Álvaro Montes, actuando como secretaria Beatriz Bascoy. Para a elección dos traballos galardonados valoráronse cuestións como a calidade e fluidez na redacción, o uso correcto da lingua, a capacidade de síntese e cohesión, imaxinación e orixinalidade, manexo e riqueza de vocabulario e capacidade de impactar no lector ou lectora. l

Creacións cheas de talento e imaxinación

Te puede interesar