A Capela repartirá 7.000 racións de requeixo na XXV festa deste produto

A Capela repartirá 7.000 racións de requeixo na XXV festa deste produto
unha imaxe da festa do requeixo do municipio da capela do pasado ano jorge meis

O Concello de A Capela renderá  un ano máis tributo ao seu produto estrela, o requeixo. A Cooperativa Campo Capela, encargada da súa comercialización, ten previsto repartir unhas 7.000 racións do alimento no decurso dunha cita gastronómica que este ano celebra as súas vodas de plata. Son xa 25 os anos que o municipio adica unha xornada a un produto que segue loitando por ser recoñecido “con nome propio”.
A pesar de ser un manxar moi antigo en Galicia, non pode ser comercializado como tal, por non estar legalmente recoñecida a súa denominación. “O que pretendemos é que se recoñeza o requeixo como unha variedade de queixo galego”, comentan desde Campo Capela. De feito, hai uns oito anos, elaboraron, a petición da Xunta, un estudo onde, entre outras cousas, demostrábase a presencia en Galicia deste produto ao longo do tempo e o seu consumo habitual.
Precisamente pola falta de comercialización, o requeixo da Capela confúndese co requesón, e non son a misma cousa, explican desde a cooperativa. O primeiro elabórase con leite –o da Capela foi o primeiro elaborado en Galicia con leite cru–, mentres que o segundo faise co soro. “Noutras rexións está recoñecido, pero en Galicia non”, salientan os produtores.
Por iso, a cita do vindeiro sábado servirá, entre outras cousas, para reivindicar este recoñecemento de denominación oficial do produto. Para iso, e como novidade este ano, estarán presentes na festa da Capela, ademáis da cooperativa do municipio, outros produtores de requeixo de Galicia, que amosarán os seus respectivos produtos. Desde Campo Capela salientouse ademais o valor nutritivo dun alimento moi sano e sen ningún tipo de aditivos conservantes ou colorantes.

programa
A XXV Festa do Requeixo de A Capela dará comezo a partir das once da mañá coa apertura da mostra e a música da banda de gaitas Alfaia das Pontes. Ás 12.15 horas haberá unha misa e ás 13.00 procederase á lectura do pregón e posterior actuación do grupo Ging Tonic Song tamén do municipio pontés.
Pola tarde, ás cinco, actuarán as cantareiras de Airiños da Capela. Ás 18.00 horas será o turno para o grupo de baile Donas e Galáns. Unha hora máis tarde, tomará o relevo Xacarandaina e ás 20.15 horas, e como fin de festa, subirá ao escenario o grupo Leilía.  Tamén haberá exposición de artesanía e maquinaria, obradoiros de alfarería e xogos do mundo, para que todos os asistentes, ademais de gozar do saboroso requeixo, poidan gozar dunha divertida xornada.
Así mesmo celebrarse unha nova edición do Concurso de receitas con requeixo.

A Capela repartirá 7.000 racións de requeixo na XXV festa deste produto

Te puede interesar