O Concello de Fene recupera este ano os premios “Curuxa” de Humor

O Concello de Fene recupera este ano os premios “Curuxa” de Humor
Museo do Humor de Fene 30 aniversario

O Concello de Fene recupera este ano os Premios Curuxa do Humor, pero con cambios. Un certame que convocou anualmente o Museo do Humor dende a súa fundación en 1984 ata 2007. Agora, a Administración local vén de aprobar as bases e, nos próximos días, unha vez se publiquen no Boletín Oficial da Provincia (BOP), abriráse o prazo de presentación das propostas. Trátase duns premios que teñen o obxectivo de recoñecer aos mellores humoristas gráficos do momento.
Establécense dúas categorías: a Curuxa, aberta a calquer humorista maior de 25 anos residente en España, e a Curuxa-Nova, para os menores de 25 tamén residentes no territorio nacional. Nun e noutro caso, os participantes poderán presentar só un debuxo. A temática é libre, humor gráfico nas súas modalidades mudo, texto ilustrado ou viñeta. Iso si, deben ser orixinais, de creación propia e inéditos, redactados en lingua galega.
O prazo de presentación pecharáse o 15 de setembro e deben dirixirse ao Museo do Humor de Fene –Avenida de Conces, 20-22, Fene 15500-. Haberá un primeiro e segundo premio por categoría. Na Curuxa, dotado con 2.000 e 1.500 euros respectivamente, e na Curuxa-Nova, con 1.000 e 500 euros respectivamente. En todos os casos, os premiados recibirán un diploma acreditativo. O xurado estará presidido polo alcalde e formarán parte del o edil de Cultura e tres humoristas ou expertos en humor gráfico. As bases do premio colgaránse na páxina web www.fenecidadan.net.

O Concello de Fene recupera este ano os premios “Curuxa” de Humor

Te puede interesar