A Banda da Loba “bailará as rúas ferrolás” no Teatro Jofre

A Banda da Loba “bailará as rúas ferrolás” no Teatro Jofre
A Banda da Loba

Trala cancelación do concerto que estaba previsto para o 26 de xaneiro por enfermidade dunha das integrantes, A Banda da Loba estará hoxe finalmente –ás 21.30 horas– no Jofre para presentar o seu disco “Bailando as rúas”.

As integrantes do grupo, entre as que se inclúe a ferrolá Xiana Lastra (voz), estarán acompañadas por varios convidados e convidadas, como os artistas locais María Manuela e Manuel Dopico, así como as poetas Rosalía Fernández Rial e Celia Parra; Paz e Gabi, que se encargarán da danza, e o grupo Tanxugueiras, que veñen revolucionando o mundo da música tradicional nos últimos anos e que xa colaboraron con elas no disco. As entradas para o concerto teñen un prezo de cinco euros.


Xunto a Xiana Lastra, compoñen a banda outras catro mulleres: Andrea Porto (baixo); Estela Rodríguez (violín); Inés Mirás (guitarra); e Marcela Porto (batería e percusións).

Disco 
Desde a súa creación a finais do pasado ano, a formación acadaou unha excelente acollida tanto polo público como pola crítica, como se demostra, entre outras cousas, na consecución do premio Ari(t)mar ademais de ser finalista nos Premios Martín Códax da Música.

A creación dun repertorio musical propio, baseado tanto en letras da súa autoría como na posta en músicas de poemas de autores célebres ou outro textos tomados dos poemarios de escritoras contemporáneas como Rosalía Fernández Rial ou Celia Parra.

Todo isto baixo un estilo ecléctico e heteroxéneo que bebe de rock, do pop ou do folk, entre outros estilos.

A Banda da Loba “bailará as rúas ferrolás” no Teatro Jofre

Te puede interesar