Comeza o programa das Meninas de Canido

O mesmo día no que as festas de Ferrol chegarán ao seu fin, comezará no barrio de Canido un dos eventos da cidade que maior proxección internacional teñen na actualidade. A festa das Meninas arrancarán hoxe para gozar de tres días de arte, música e moitas outras propostas.
Desde primeiras hora de mañá tomarán o barrio arredor de douscentos creadores que durante a fin de semana deixarán pegada da dúa particular interpretación da afamada obra de Velázquez. Ás 12.00 horas darán comezo as actividades na aldea infantil ubicada no Baluarte, para as 14.00 horas procederse á inauguración do espazo de “foodtrucks”.
Pola tarde, ás cinco, será a quenda para a Master Class que  o recoñecido fotógrafo Alberto García Alix desenvolverá polo barrio ata as 21.00 horas. O autor presentou onte, na sede ferrolá de Afundación, o seu documental “De donde no se vuelve”, centrado na súa faceta profesional.
A xornada de hoxe continuará  ás 18.00 horas co inicio dos talleres Deco “Azul Moreno”, no Baluarte.
Ás 19.00 horas, Man Castro lerá o pregón na Tafona, lugar no que  acto seguido sonará a música de Roger de Flor e Sergio Galego.
Na Praza da Auga, actuarán Malditos Pendejos (ás 20.00 horas) e Swinging Flamingos (21.30 horas).
Para as 23.00 horas está prevista unha proxección audiovisual dos fotógrafos Helena Segura Torrella, Antonio García Segura e Gosia Trebacz na Tafona, para depois dos fogos de San Ramón continuar a música con DJ Panko-Ojos de Brujo na Praza da Auga. As actividades seguirán o sábado e o domingo. l

Comeza o programa das Meninas de Canido

Te puede interesar