O obradoiro de cerámica de Ferrol oferta 60 prazas

O obradoiro de cerámica de Ferrol oferta 60 prazas
A exposición de 2016 dos alumnos da actividade | jorge meis

O Concello de Ferrol vén de abrir o prazo de inscrición nun dos cursos máis demandados, o de cerámica que se impartirá de luns a venres no Sánchez Aguilera.
A proposta, dirixida a maiores de 16 anos e impartido por persoal cualificado, estrutúrase en tres grupos de nivel, cun máximo de 20 alumnos por quenda: iniciación (luns e mércores de 16.30 a 19.00 horas); perfeccionamento (martes e xoves, de 16.30 a 19.00 horas), e avanzado (cerámica creativa, que será o venres de 16.00 a 19.00 horas). Os veciños empadronados no Concello de Ferrol terán preferencia na matrícula.

Inscricións
O prazo para anotarse no obradoiro permanecerá aberta ata o vindeiro 14 de febreiro no Rexistro Municipal. Os interesados poden descargar a folla de inscrición no taboleiro de anuncios virutal da web municipal e presentala por Rexistro (de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas– ou cumplimentala directamente no mesmo.
“É unha proposta moi demandada que dá sentido a unhas instalacións que temos e ás que tratamos de sacar o máximo partido posible”, comentou o concelleiro de Cultura Suso Basterrechea, que ademais animou á veciñanza a explorar a súa vena creativa desde o traballo artesán, feito coas mans.
A listaxe de admitidos será publicada, unha vez remate o prazo, na páxina web do Concello de Ferrol. Para formalizar a matrícula, tal e como se indica nas bases, terán que formalizar a inscrición co ingreso de 20 euros en concepto de taxas.

O obradoiro de cerámica de Ferrol oferta 60 prazas

Te puede interesar