Xuvia agarda hoxe un milleiro de comensais no “Reboneda Day”

Xuvia agarda hoxe un milleiro de comensais no “Reboneda Day”
Diario de Ferrol-2014-09-27-010-b2a5cbb5

O Concello de Neda despide hoxe o verán con outra festa multitudinaria das que soe celebrar no paseo marítimo de Xuvia e na que non faltarán gastronomía, catas, festas infantís e rock. O concello nedense, co patrocinio do grupo Reboreda Morgadío, organiza baixo unha gran carpa esta cita que arrancará ás 12.00 horas cunha cata de viño para parellas non profesionais. Actividade na que haberá premios para os gañadores coma tres días de turismo rural e participación en xornadas enolóxicas, ou lotes cos mellores caldos da terra. Ás 13.00 horas haberá sesión vermú amenizada por Chevalier e Los Zares, así como degustacións gastronómicas.
A partir das 16.30 horas os pequenos serán os protagonistas con xogos guiados por monitores e un obradoiro de elaboración de xoguetes. En paralelo, comezará a preparación dos 25 cochinillos e 25 cordeiros que se servirán a partires das 21.00 horas na gran espetada con música, actividade á que se apuntaron xa un milleiro de veciños.
A xornada rematará cun macroconcerto de rock con bandas tributo a coñecidos artistas que comezará ás 23.00 horas: Debosses(Bruce Springsteen); Riff Raff (AC/DC); Frik&Paldis (Fito y Fitipaldis); Pádel Rock (pop español dos 80); The Reboredas Band (os clásicos de sempre) e Ghost in the Machine (The Police) serán os protagonistas. As entradas, con dereito a consumición, custan dez euros.

Xuvia agarda hoxe un milleiro de comensais no “Reboneda Day”

Te puede interesar