Unha festa infantil deu onte continuidade ao Entroido local

Unha festa infantil deu onte continuidade ao Entroido local
Amboage carnaval entroido

Tralo animado e divertido ambiente vivido co desfile e festival de comparsas do luns, o programa do Entroido de Ferrol continuou onte coa celebración, en Amboaxe, dunha festa infantil cargada de actividades.

Música, obradoiro de máscaras, pintacaras, diferentes xogos e unha máquina de palomitas e algodón de zucre formaron parte do menú dunha sesión dirixida aos máis pequenos da casa.

O venres poñerase o colofón á festa coa celebración do Enterro da Sardiña na Praza de Ultramar. A cita comezará ás 17.30 horas cunha festa infantil para seguir co pasarrúas que ás 20.15 horas sairá da rúa Sánchez Calviño. A gala será ás 21.00 horas e ás 23.00 horas a queima da sardiña.

Unha festa infantil deu onte continuidade ao Entroido local

Te puede interesar