O Ateneo retoma as reunións do seu clube de lectura

O Ateneo retoma as reunións do seu clube de lectura
Ateneo Ferrolán Reunión del club de lectura

O club de lectura do Ateneo reanuda hoxe as súas actividades logo do verán cunha reunión ás 19.30 horas, no local da entidade cultural (rúa Magdalena). A profesora Ánxeles Seoane coordina unha veterá actividade, que leva doce anos de existencia ininterrompida. Os primeiros martes de cada mes serán as datas claves para a vintena de socios que acuden con asiduidade a falar das súas lecturas compartidas e nas que hoxe se falará de “El amor en los tiempos del cólera”, de Gabriel García Márquez.
Pero hoxe tamén se poderá asistir no Ateneo á proxección do filme “La carretera”, ás 19.30 horas, no salón de actos. Viggo Mortensen protagoniza un filme que leva á pantalla a exitosa e apocalíptica novela de Cormac McCarthy.
As propostas culturais do Ateneo para outubro inclúen a presentación este mesmo xoves do programa de radio-teatro “A guerra dos mundos” e para o sábado un concerto de Silvia Penide, ás oito da tarde, no que presentará a reedición do seu disco “Animal de compañía”. Antes, ás 10.30 horas, haberá nas súas instalacións unha reunión das Marchas da Dignidade.
Tato López e o seu grupo actuarán o 18 de outubro ás 20.30 horas e Xosé Constela protagonizará ademais un concerto-coloquio o sábado 25.

cursos
En outubro continuará desenvolvéndose o curso de fotografía que iniciaron Fran Nieto e Xoel Rodríguez o pasado día 3 e que se prolongará ata o 5 de decembro. Lévase adiante os venres, de sete a nove, e ten un nivel de iniciación, polo que non son precisos coñecementos previos.
Tamén se organiza un curso de animación á lectura que imparte Iolanda Teijeiro e que comeza o 18. Será os sábados, de 11.30 a 12.30 horas e hai que ter máis de doce anos.

O Ateneo retoma as reunións do seu clube de lectura

Te puede interesar