Arboreda cumpre 38 anos de discreto traballo como galería de arte de calidade en Ferrol

Arboreda cumpre 38 anos de discreto traballo como galería de arte de calidade en Ferrol
Diario de Ferrol-2014-05-09-017-dcaeb759

A mediados deste mes de maio a galería Arboreda (Dr. Fleming 82-84) cumpre 38 anos de actividade converténdose nunha das máis veteranas de Galicia. Tamén se fan 20 anos desde que Benito Alvariño comezase a dirixir este negocio familiar fundado polo seu pai en 1976.
Así, esta discreta galería que ten entre os seus méritos engadidos o de desenvolver a súa actividade artística nunha cidade tan castigada como Ferrol, vén de inaugurar hai uns días unha nova mostra colectiva como as que soe facer Alvariño co material do seu catálogo. Obras que poderán verse durante este mes dun total de 34 artistas entre os que figuran nomes do prestixio de María Antonia Dans, Segura Torrella, Felipe Bello Piñeiro ou Álvaro Caruncho, entre outros. “Todo de pintura figurativa”, como recorda Alvariño, línea que xa é marca habitual da casa.
A exposición na galería ferrolá pode visitarse de luns a venres en horario de 19.00 a 22.00 horas e calquera día concertando previamente cita no número de teléfono 981 354 394.
A maiores, entre os proxectos que baralla na actualidade Benito Alvariño figura recuperar as exposicións que antano organizaba anualmente Arboreda no Hostal dos Reis Católicos de Santiago, dada a visibilidade que a capital galega ten no mercado da arte, moi afastada do que sucede hoxe en Ferrol.

Arboreda cumpre 38 anos de discreto traballo como galería de arte de calidade en Ferrol

Te puede interesar