“El Nombre” abre a programación de outubro no Jofre

“El Nombre” abre a programación de outubro no Jofre
Elenco da comedia que esta tarde será representada no teatro ferrolán

Unha comedia “directa, cercana, hilarante, sobre a amizade e os afectos”. Así definen a obra “El Nombre” que hoxe será representada, ás 20.30 horas, no teatro Jofre de Ferrol. Un grupo de amigos reúnese para celebrar a próxima chegada dun bebé. Cando o futuro pai responde á pregunta do nome escollido, a súa resposta deixa a todos perplexos, creando así un escenario imprevisto que fará perigar anos de férrea amizade.
O espectáculo, dirixido por Daniel Veronese, suporá, segundo o goberno local, unha estrea de luxo para iniciar o mes de outubro no teatro ferrolán. As entradas poden ser adquiridas desde dez euros. l

“El Nombre” abre a programación de outubro no Jofre

Te puede interesar