O libro “Ferroláns de seu” recupera unha memoria creativa da cidade

O libro “Ferroláns de seu” recupera unha memoria creativa da cidade
caricatura de de xosé luís torrado “o bruxo” obra de juan veiga

Que teñen en común Xosé Luis Torrado “O Bruxo”, o descubridor de Atapuerca Emiliano Aguirre, a presentadora Paula Vázquez, o mago Lorente de Castro, o historiador Santos Juliá, o fotógrafo Vari Caramés, a historiadora Manuela Santalla, a actriz Mabel Rivera, o editor de García Márquez e Cortázar Paco Porrúa, Isaac Díaz Pardo, as poetas Medos Romero e Eva Veiga, o escrior Vicente Araguas, o psiquiatra Carlos Castilla del Pino ou o exalcalde e periodista López Ramón? O seu nacemento ou estreita vinculación coa cidade de Ferrol e a súa comarca. Tamén, o ter sido entrevistados no suplemento dominical de Diario de Ferrol Nordesía.

Agora, 43 das máis de 200 entrevistas aparecidas no dominical entre 2004 e 2007 –o tempo en que a coordinación do mesmo correspondía aos periodistas Nicolás Vidal e José Gómez Fandiño– veñen de seren recollidas no volume “Ferroláns de seu” (Edicións Embora). O traballo, que inclúe as caricaturas realizadas para cada entrevista semanal por Juan Veiga, preséntase ás oito desta tarde na Galería Sargadelos coa presenza de Vidal e Gómez Fandiño, así como algúns dos entrevistados.

 

beneficios para lazos

Os beneficios da venda de “Ferroláns de seu” serán destinados polos seus autores á a Asociación Lazos Pro Solidariedade-Comité antisida de Ferrol, unha entidade de defensa dos afectados/as polo VIH e as drogas. O acto en Sargadelos contará coa presenza do seu responsable na comarca de Ferrol, Carlos Varela.

 

O libro “Ferroláns de seu” recupera unha memoria creativa da cidade

Te puede interesar