“Don Ricardo de Fingoi” chega a Ferrol da man de Egeria

“Don Ricardo de Fingoi” chega a Ferrol da man de Egeria
Ateneo Ferrolán Inauguración exposición Carvalho Calero

As persoas interesadas en coñecer polo miúdo a etapa na que o profesor e escritor ferrolán Carvalho Calero residiu e traballou en Lugo teñen unha excelente ocasión de facelo a través da mostra que onte abriu as súas portas no Ateneo Ferrolán.

Trátase da exposición “Don Ricardo de Fingoi” impulsada polo colectivo Egeria co obxectivo de amosar a fonda pegada que o ilustre ferrolán, ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas, deixou na cidade das murallas. Alí exerceu como responsable e profesor do colexio Fingoi, ademais de desenvolver, durante os quince anos da súa estadía (entre 1950 e 1965), unha importante actividade na investigación e na escrita.

No seu perído na cidade, leu e publicou a tese de doutoramento, ingresou na Real Academia Galega e publicou a súa monumental Historia da Literatura Galega Contemporánea.

A exposición inclúe trece paeneis con extensa información desta etapa da vida de Carvalho Calero. O proxecto do colectivo Egeria inclúe ademais unha web na que se pode consultar o proxecto e un libro que recollerá opinións e lembranzas de ex alumnos do profesor no colexio de Fingoi.

A mostra, que conta coa colaboración da Xunta, a RAG e o centro educativo lugués, chega a Ferrol grazas á colaboración do Club de Prensa.

“Don Ricardo de Fingoi” chega a Ferrol da man de Egeria

Te puede interesar