O artista Ladislau da Regueira impartirá un obradoiro de retrato para mozos e mozas en Fene

O artista Ladislau da Regueira impartirá un obradoiro de retrato para mozos e mozas en Fene
Casa Cultura Fene Inauguración exposición Sinerxia 1+1 3 Juan Sobrino,Malena Carballo y Ladislau da Regueira hasta finales de diciembre 2019

O creador Ladislau da Regueira será o encargado de impartir un obradoiro de retrato para mozos e mozas organizado pola Concellería de Cultura de Fene no marco das actividades de Nadal.

A actividade terá lugar o vindeiro día 27, de 11.00 a 13.00 horas, na sala de exposicións da Casa da Cultura e está dirixido a nenos e nenas de entre 9 e 13 anos de idade.

A participación é totalmente gratuíta, mais as prazas están limitadas a 14, polo que cómpre facer a inscrición. Esta poderá ser tramitada ata o vindeiro luns día 23 no Museo do Humor, tanto de forma presencial como a través do teléfono 981 34 24 00, en horario de mañá.

O obradoiro está orientado a rapaces e rapazas con inquedanzas expresivas no debuxo e na expresión plástica.

Creador

Artista multidisciplinar, mestre e deseñador gráfico, Ladislau da Regueira é un creador xa coñecido no concello fené tanto pola súa obra como pola súa labor de mestre.

Actualmente, xunto ao pintor Juan Sobrino e a fotógrafa Malena Carballo, participa coas súas esculturas na mostra “Sinerxia 1+1=3”, que pode visitarse na Casa da Cultura de Fene. l

O artista Ladislau da Regueira impartirá un obradoiro de retrato para mozos e mozas en Fene

Te puede interesar