Reportaxe | Un paso cara recuperar a memoria das corporacións municipais represaliadas

Reportaxe | Un paso cara recuperar a memoria das corporacións municipais represaliadas
Unha das imaxes que se inclúen no traballo onde se ve a López Bouza (centro) presentando nas Cortes o Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936

“Xeración Perdida. Representatividade institucional republicana e represión na provincia da Coruña”. Baixo este título, a Deputación da Coruña presentou o pasado xoves a listaxe sobre as corporacións democráticas anteriores a 1936, cun total de 300 nomes de concelleiros e alcaldes represaliados nos concellos da provincia. Tal e como indicou a vicepresidenta do ente provincial, Goretti Sanmartín, os obxectivos deste traballo pioneiro baséanse en “ampliar o coñecemento existente sobre os concellos da provincia da Coruña na fase final da II República; retratar a vida política dos concellos coruñeses na última etapa do período republicano; e recuperar a memoria das corporacións democráticas derrocadas polo golpe militar de 1936”.


Nas tres comarca, Ferrolterra, Eume e Ortegal, a persecuación foi bastante acusada, aparecendo no listado –que se pode consultar na web www.dacoruna.gal– un total de 82 nomes dos cales 34 foron asasinados, a nove déuselles execución de pena de morte, 16 entraron no cárcere, sete víronse obrigados ao exilio, cinco foron sancionados, dez procesados e un tivo a categoría de fuxido.
A Deputación levou adiante este proxecto coa axuda do grupo de investigación HISPONA da USC e o profesor Emilio Grandío, xunto cun equipo de historiadores que prestaron a súa colaboración. Un deles foi o mugardés Bernardo Máiz, quen agradece a iniciativa que tivo o organismo provincial e a vontade de contar con profesionais.


“A verdade é que tiñamos xa moito adiantado; nos aportamos os datos a e universidade encargouse da parte máis técnica, de ordealos”, explicou Máiz, ao mesmo tempo que explicou que se trata dunha primeira aproximación. “A idea e continuar cos empregados municipais. Por exemplo, os secretarios dos concellos de Ares, Fene, Mugardos, Moeche... foron asasinados pero e isto é moito máis complicado porque na maioría dos casos non consta”, comenta, además de explicar que en moitos concellos moito material foi destruido.


Trátase de poñer en valor e recuperar a figura dos políticos que foron elixidos democráticamente e que foron sometidos a unha persecución inxustificada; é case un deber porque “as feridas mal curadas podrecen”, confesa o mugardés. “Isto é unha débeda que temos co pasado e a mellor homenaxe que se lles pode facer a todos os defensores da democracia e da liberdade é dicir a verdade”, comenta, ao mesmo tempo que destaca que Ferrol sempre foi unha zona moi adiantada no eido da recuperación da memoria aínda que “agora desgraciadamente quedamos un pouco atrás”.


A xustificación que lle atopa Máiz á persecución nas tres comarcas é que “era quizáis a zona máis á esquerda de toda Galicia. Un exemplo, en Galicia había soamente dous concellos con alcaldes comunistas e un deles era Mugados –o outro Pontevedra–”. Ademais, cabe destacar que había un elemento fundamental como era a presencia militar, “de tal maneira que o número de execucións foi tamén maior”.


Unha das cousas que lle sorprenderon ao historiador foi atopar sitios como Monfero no os perseguidos non eran so concelleiros, senon que eran presidentes da sociedade agraria ou outros organismos, o que da a entender que “a represión inicial estivo moi planificada porque siguen as directrices de eliminar aos dirixentes”, explica.


Coincidindo coa presentación deste proxecto, Bernardo Máiz, xunto con otras persoas, solicitaron unha reunión co alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, para solicitar unha homenaxe ás vítimas do franquismo e colaborar así na tarefa de recuperar a memoria histórica na comarca.

Reportaxe | Un paso cara recuperar a memoria das corporacións municipais represaliadas

Te puede interesar