O percebe, unha festa para o padal

O percebe, unha festa para o padal
Trala xornada de onte, a Festa do Percebe continuará hoxe durante todo o día na vila de Cedeira | Daniel alexandre

É un auténtico deleite para moitos padales e esta fin de semana ocupa o protagonismo da axenda gastronómica e de lecer de Cedeira. A XVII Festa do Percebe, organizada pola Confraría de Pescadores da localidade coa colaboración do Concello, repartirá uns 800 kilos do devandito crustáceo e outros 650 kilos de polbo –unhas 2.100 e 1.500 racións, respectivamente–.
As primeiras foron servidas xa ao longo do día de onte, primeira xornada dunha cita que se prolongará hoxe en idéntico horario –desde as 11.30 horas e ata aproximadamente as oito da tarde–.
Xunto a estes dous saborosos produtos de mar, o público poderá degustar Pastelón do Camiño, elaborado nun obradoiro de Bertamiráns propiedade dunha cedeiresa e que atopa entre os ingredientes dos recheos alga, congro, mexillóns ou bonito, tal e como salientaron desde a confraría cedeiresa.
Venta de marisco
Este ano, e como novidade, a festa inclúe a venta de marisco da ría na “Tenda da lonxa”, a depuradora de marisco e punto de venta ao público que comezou a funcionar o pasado xaneiro nas instalacións da lonxa.
Alí, tamén hoxe, en horario da festa, todos os interesados poderán mercar de forma directa os produtos dispoñibles, entre os que se inclúen ameixas, longueiróns, berberechos, zamburiñas ou ostras. Un servizo que, segundo salientan desde a confraría, está a funcionar moi ben.
Tamén onte tivo lugar en Cedeira a terceira edición da Xuntanza Moteira impulsda pola Asociación do Caso Vello, co apoio do Concello, e que desta volta reuniu a unhas 200 persoas. O programa incluíu varias actividades durante todo o día. l

O percebe, unha festa para o padal

Te puede interesar