O II Encontro de Cantareiras de Airiños de Fene amosa a posta en valor do xénero

O II Encontro de Cantareiras de Airiños de Fene amosa a posta en valor do xénero
As compoñentes de Xerfa, en plena actuación, estarán Daniel Alexandre

Por segundo ano consecutivo a asociación Airiños de Fene leva a cabo o seu festival de cantareiras, unha cita con este recuperado xénero vocal e tradicional que se celebrará o próximo sábado 11 ás 20.00 horas na Liga de Amigos de Barallobre, entidade que colabora na organización. A actividade estará presentada desde o escenario por Lidia Sanmartín e as formacións participantes serán Xirifeiras, da propia asociación Airiños de Fene; Airiños dos Carrís, de Cerdido; Xerfa, tamén da asociación anfitrioa, e finalmente a agrupación lucense Algarabía.
Nacidas no ano 1996 no seo da Banda de Gaitas Tradicional Airiños de Fene baixo a dirección de Chus Niebla, na actualidade o grupo de cantareiras Xirifeiras está dirixido por Gisela Sanmartín e formado por Icía Sanmartín, Laura Piñeiro, Uxía Doval, Sabela Galdo e a propia Gisela Sanmartín. Leva actuado por toda a comarca e Galicia, mentres que no exterior visitaron lugares como o Festival de Lorient, Porto, Bermeo ou Gernika.
Pola súa banda, a sociedade Airiños dos Carrís foi creada no ano 1987 para celebrar e espallar a música e o baile galegos. A súa sección de cantareiras está formada por pequenas, medianas e as máis maiores, que son quen actuarán en Barallobre. Contan entre as súas intérpretes con Marta Piñón, Alba Fernández, Rocio Piñón, Sofía Aneiros, Leti López e Antía Gómez.

nais e avoas
O Grupo de Cantareiras Xerfa nace no ano 2009 no seo da Banda de Gaitas Tradicional Airiños de Fene baixo a dirección de Chus Niebla, directora de canto e baile de Airiños de Fene. O grupo está composto na súa maioría por proxenitoras de compoñentes de Airiños de Fene. Nais e incluso avoas que sacan tempo dos seus traballos para dedicarllos á música e canto tradicional. Tamén teñen actuado por todo Ferrolterra ou polo Intercéltico de Lorient (2009) ou o XVIII Festival Intercelticu de Avilés (2014). Está formado por Charo Fabal, Ana López, Susa Pedreira, Tuni Martínez, Marí Ángel Carneiro, Gloria Rodríguez, Maruja Pico e Chus Niebla.
Finalmente, Algarabía afunde as súas raíces na AVV Santiago Apóstol creada en 1978. En outubro de 1981 instáurase o seu grupo de danza galega, Álvaro Cunqueiro, e xa a finais dos noventa comeza a súa andaina a sección de cantareiras  e pandereteiras Algarabía. Esta entidade lucense ten unha notable vinculación con Ferrolterra e nesta comarca ten actuado en citas como o Festifol, en festivais de cantareiras como O Son dos Antergos, organizado pola agrupación Terra Meiga, ou nas Xornadas de Música Tradicional do Real Coro Toxos e Froles.

O II Encontro de Cantareiras de Airiños de Fene amosa a posta en valor do xénero

Te puede interesar