O xuíz e escritor Vázquez Taín presenta en Fene a súa última novela “El mar sin fondo”

O xuíz e escritor Vázquez Taín presenta en Fene a súa última novela “El mar sin fondo”
José Antonio Vázquez Taín presenta el libro " el mar sin fondo" casa cultura fene

“O expresidente do goberno, un home cunha traxectoria fulgurante na política, que desde os comezos da Transición foi un dos principais puntais dos sucesivos gobernos de España, aparece morto nun piso de Ourense”. Así comeza “El mar sin fondo”, a última novela do xuíz e escritor José Antonio Vázque Taín.
O autor é un dos xuíces galegos máis populares e que ao longo da súa traxectoria estivo ao fronte de sonados casos como o do roubo e posterior recuperación do Códice Calixtino ou o asasinato de Asunta Basterra, estivo onte na Casa da Cultura de Fene para presentar a obra.
Co gallo da presentación deste libro, a biblioteca municipal Xosemaría Pérez Parallé acolle ata o vindeiro 1 de xullo unha mostra bibliográfica de novela negra galega na que se amosarán clásicos e actuais deste xénero, como “Crime en Compostela”, de Carlos G. Reigosa; “Á de mosca”, de Aníbal Malvar; ou “A praia dos afogados”, de Domingo Villar, entre outros.
Vázquez Taín, que actualmente exerce como xuíz do Penal na Coruña, publicou en 2013 a súa primeira novela, titulada “Santiago, la leyenda del santo oculto”, e en 2014 “Al infierno se llega de prisa”, en Espasa.

O xuíz e escritor Vázquez Taín presenta en Fene a súa última novela “El mar sin fondo”

Te puede interesar