Música e poesía en San Sadurniño para festexar o Día das Letras Galegas

Música e poesía en San Sadurniño para festexar o Día das Letras Galegas
Pazo de la Marquesa espect�culo po�tico

A música e a poesía centraron onte a celebración das Letras Galegas en San Sadurniño. O Pazo da Marquesa –á espera de converterse na sede consistorial a partires do próximo mes de xuño– serviu unha vez máis de escenario para un acto que contou co espectáculo do grupo Aldaolado. Lucía Aldao e María Lado trouxeron ao municipio o seu espectáculo “Con dez poemas por barba”, un recital poético que interactúa co espectador, con xogos, historias e música en directo que encandilou a todos os presentes.
A continuación tomoulle o testigo o cantante e compositor Xoán Curiel, cun pequeno concerto no que avanzou parte do seu último traballo Magnético Zen, elixido mellór álbum en lingua galega na quinta edición dos premios da música independente outorgados pola Unión Fonográfica Independiente.
O punto e final ao acto o puxo a entrega de premios do concurso literario ARTEllando na lingua convocado pola asociación de ocio e tempo libre ARTElladas. Cada un dos gañadores das tres categorías do certamen –infantil, xuvenil e adultos– foron agasallados cun libro electrónico. n

Música e poesía en San Sadurniño para festexar o Día das Letras Galegas

Te puede interesar