Ferrol foi a segunda cidade galega cunha maior taxa de doazóns de sangue en 2019

Ferrol foi a segunda cidade galega cunha maior taxa de doazóns de sangue en 2019
No teléfono 900 100 828 dase cita tamén para as unidades móbiles | j.m.

A Organización Mundial da Saúde recomenda que, para garantir o subministro de sangue necesario na sanidade, é preciso que haxa unha taxa de doazóns entre as 40 e as 60 por cada 1.000 habitantes. A media das cidades galegas sitúanse dentro desa franxa, con 47 doazóns, aínda que, dentro delas, hai diferenzas importantes, segundo os datos que se lembraron esta fin de semana, na conmemoración do Día Mundial do Doante de Sangue (14 de xuño).

Ferrol está ben situada dentro deste ránking, posto que é a segunda cidade, só por detrás de Santiago. A cidade naval ten unha taxa de 52 por cada milleiro, mentres que Compostela, en 2019, chegou ás 97 por cada mil. Pontevedra, A Coruña, Ourense e Vigo están comprendidas entre o 40 e o 50, mentres que en Lugo contan 32. En termos absolutos, Ferrol sumou 3.452 doazóns de sangue, menos que en 2018 (foron 3.522).

Desde a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue de Galicia (ADOS), lembran que están baixas as reservas de A positivo e 0 positivo. Para doar hai que chamar ao 900 100 828 e darase cita para os locais ou para os autobuses.

Ferrol foi a segunda cidade galega cunha maior taxa de doazóns de sangue en 2019

Te puede interesar