Máis de 200 alumnos de centros da comarca participan no VII Concurso Galego de Robótica

Máis de 200 alumnos de centros da comarca participan no VII Concurso Galego de Robótica
Diario de Ferrol-2015-02-04-009-4fb7d444

Preto de 1.330 alumnos e 74 profesores reúnense esta semana na Coruña arredor da robótica con motivo da sétima edición do certame galego desta rama da tecnoloxía organizado pola Fundación Barrié e a Institución Galega de Ciencia (Igaciencia).
Entre os participantes inclúense un total de 216 estudantes de ESO e Bacharelato –xunto cos seus profesores– das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, en concreto dos institutos Sofía Casanova, Ricardo Carballo Calero e Concepción Arenal de Ferrol (con 50 rapaces cada un); Terra de Trasancos de Narón (16); Breamo de Pontedeume (20); e CPI Atios de Valdoviño (30).
Todos participarán, ao longo da semana, no obradoiro “A maxia da robótica”, co que se pretende “achegar á xente nova e á cidadanía en xeral ao mundo da robótica mediante a montaxe de sinxelos robots, facéndoo comprensible e resaltando a súa importancia e as implicacións no seu propio futuro”, salientan desde a Fundación Barrié.
Para iso, bríndase aos mozos a oportunidade de participar en grupo na montaxe e programación dun robot móbil cun kit de Lego.
Dun xeito “sinxelo e divertido”, o alumnado participante terá a oportunidade de familiarizarse tanto cos robots como coa linguaxe tecnolóxica.

coñecementos
Tal e como se informa desde a organización, para o desenvolvemento deste obradoiro non é preciso ter coñecementos previos en programación –xa que se realiza nun contorno visual sinxelo para que ata os máis pequenos poidan construír e deseñar os seus robots– nin en electrónica –integrada nun ladrillo intelixente–. O encontro fomenta ademais  a cooperación e o traballo en equipo, posto que pasan a integrarse nun grupo no cal teñen que compartir obxectivos para resolver os desafíos que se lles propón ao longo da actividade.
Ao remate do obradoiro, de dúas horas de duración, cada equipo terá acadado un determinado número de puntos, que lles permitirán optar aos premios do VII Concurso Galego de Robótica 2015.

resposta
Este é o terceiro ano que o certame de Igaciencia conta coa colaboración da Fundación Barrié, no marco de EduBarrié –o seu espazo de relación coa comunidade educativa–. A participación incrementouse notablemente na presente edición, que no primemeiro día de inscriciós agotou todas as  prazas dispoñibles para o calendario semanal.

Máis de 200 alumnos de centros da comarca participan no VII Concurso Galego de Robótica

Te puede interesar