“Animaliños” inaugura o ciclo de teatro afeccionado da Capela

“Animaliños” inaugura o ciclo de teatro afeccionado da Capela
CMI Unidade de Fen. Obra de teatro Cantar de cantares

O terceiro ciclo de teatro afeccionado da Capela comeza hoxe no salón de actos dos Calzados (na cooperativa), cunha función protagonizada polo grupo O Maxolo, de Covas, que dirixe Helga Méndez. Ás 18.30 horas porán en escena a obra “Animaliños”, unha peza de Roberto Vidal Bolaño que completa unha triloxía (con “Anxeliños” e “Criaturas”) que mira con humor á sociedade actual.
A desta tarde será a primeira representación dunha iniciativa municipal que inclúe media ducia de obras, ata o 25 de maio. A próxima será o domingo 13, co grupo de teatro Donas de Amistad, que representarán “La consulta del Dr. Casimiro Bernalgas Miró”, con dirección artística de Isabel Parada e musical de Celsa Sabín. Tomarán o relevo o 27 de abril os membros de T de Tinglado, da asociación cultural Celeuma que, dirixidos por Luís Ramos, porán en escena “Illa 2”.
Xa en maio as actividades teatrais comezan co grupo Xosé María Pérez Parallé, do Círculo Mercantil Unidade de Fene. Presentarán o domingo 4 a obra “Que facemos coa herdanza?”, dirixida por Carlos Basoa. O día 11 será o momento de gozar con “Unha de zombis”, que representan Os Amigos do Teatro, de Narón, baixo a dirección de Pepablo Patinho e Maite Dacosta.  Como remate, o 25 de maio A Pombiña de Pedroso pon en escena “O xardín dos pobres”, coa batuta de Betty Couce. n

“Animaliños” inaugura o ciclo de teatro afeccionado da Capela

Te puede interesar