Fran Nieto presenta no Ateneo o primeiro libro feito en España de macrofotografía

Fran Nieto presenta no Ateneo o primeiro libro feito en España de macrofotografía
Exposición en el Ateneo de Fran Nieto y Anabel Viñas - A Diario

“A presentación non podía ser noutro sitio. Con 16 anos o Ateneo abriunos as súas portas para falar de fotografía e esas cousas marcan”. O fotógrafo Fran Nieto estará hoxe ás 20.00 horas no Ateneo para presentar “Fotografía Macro, descubre todos sus secretos”, o primeiro libro publicado en español sobre esta técnica de retrato baseada no detalle. 
Un manual cuxo nacemento en si é toda unha historia. “Si, o contido son apuntes e investigación desde que teño 15 anos e comecei facer fotos no instituto. Hai sete anos ía publicalo, pero unha editorial publicou un manual americano traducido sobre o tema. Hai tres anos volveu pasar o mesmo cun novo libro, así que ao final decidín publicalo eu mesmo. Pensaba pagar unha parte e poñer en marcha un proxecto de micromecenado, pero en 46 horas xa estaba cuberto o custo do proxecto. Faltábame a distribución e leveina a unha editorial, JdeJ Editores, que tomou nota do éxito de crowfunding e quixo publicalo ademais de distribuír o propio libro. Penso que quedou un produto de moita calidade”, conta.
No que respecta ao contido, Nieto destaca que o manual informa do “básico para lograr fotos perfectas, o equipo fotográfico, a estética das imaxes, a importancia da luz, etc., ademais da evolución natural que hai no traballo dunha boa foto, que moitas veces ten un montón de esforzo detrás”.

paciencia e aforro
Outro elemento importante neste estilo é a paciencia. “Cando comecei eu a fotografía era analóxica e para facer unha boa foto había que gastar moito tempo e sobre todo moitos cartos en material, era unha ruína. Agora co mundo dixital iso cambiou completamente. As condicións son outras”. Para quen desexe afondar neste estilo, o libro complemántase ademais cun DVD con tutoriais para avanzar en cuestións técnicas: traballo de campo, con vento, sol, etc. Nieto destaca que o libro, e en xeral este xénero fotográfico, “atende especialmente ao mundo da natureza, é a súa principal razón de ser. Non obstante tamén hai outros temas como fotografía de selos, documentos, etc.”
Tras a súa presentación de hoxe, “Fotografía Macro, descubre todos sus secretos” lévase mañá ás 20.30 horas á Casa da Cultura de Valdoviño. A Coruña e Barcelona serán as seguintes prazas.

Fran Nieto presenta no Ateneo o primeiro libro feito en España de macrofotografía

Te puede interesar