Narón e o CFR organizan unha visita de colexios europeos á vila

Narón e o CFR organizan unha visita de colexios europeos á vila
Diario de Ferrol-9999-99-99-999-de1eb98e

A rexedora naronesa, Marián Ferreiro, xunto co concelleiro de Seguridade Cidadá e Transporte Público, Guillermo Sánchez Fojo, e representantes do equipo de Educación Viaria de Narón reuníronse no Concello con Manuel Losada Cabana e María del Carmen Pérez Rico, director e asesora de linguas estranxeiras, respectivamente, do Centro de Formación de Recursos (CFR) de Ferrol, dependente da Consellería de Educación. A través do devandito CFR, o Concello naronés participa no proxecto europeo “On your bike!”. Trátase dunha iniciativa impulsada pola administración provincial de Cardiff (Gales) e coordinada polo CFR ferrolán na que ademais do Consistorio –a través do equipo de Educación Viaria– tamén se implicaron o CEIP Plurilingüe Ponte de Xuvia, o CEIP da Solaina e o CEIP Plurilingüe Virxe do Mar. Este proxecto reunirá a vindeira semana na localidade a unhas oitenta persoas, entre estudantes e profesorado,  procedentes de Noruega, Finlandia, Gales, Turquía, e Portugal.  

En coordinación co CFR de Ferrol e outras entidades de Portugal, Turquía, Finlandia e Noruega, desenvolveranse durante unha semana varias actividades que comezarán o luns 8 de abril cunha recepción no salón de plenos aos escolares e docentes europeos e que presidirá a alcaldesa. Ese mesmo día, tal e como explicaron os organizadores, o colectivo participará en actividades programadas na Biblioteca Municipal e en sesións de xogos populares na Praza de Galicia, entre outras.

Narón e o CFR organizan unha visita de colexios europeos á vila

Te puede interesar