Xornadas de limpeza en varios ríos da comarca dentro do proxecto de Adega

Xornadas de limpeza en varios ríos da comarca dentro do proxecto de Adega
limpieza rio castro en bardaos

Co obxectivo de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos, a asociación medioambiental Adega –coa financiación de Augas de Galicia e o IET– iniciou o pasado 15 de setembro a campaña de outono do Proxecto Ríos, que se prolongará ata o 31 de outubro.
No marco deste programa, onte celebrouse a sexta edición da xornada de Limpeza Simultánea de Ríos, convocatoria que foi secundada por máis de corenta concellos da comunidade e cuxa finalidade é liberar os cauces de entullos e restos contaminantes.
O de San Sadurniño foi un dos municipios da comarca que onte  tomou parte na iniciativa, no seu caso para acometer labores de limpeza no tramo do regato de Bardaos comprendido entre a área recreativa e o muíño do Castro.
Unhas quince persoas, entre elas membros do equipo de goberno local encabezado por Secundino García, reuniron arredor de 200 kilos de refugallos, na súa meirande parte plásticos.
Outros dos concellos da zona nos que tamén se desenvolveu a iniciativa foron os de Ferrol –a limpeza fíxose o sábado no río da Sardiña–, Mañón ou Fene, neste último municipio no río Cádavo. En Neda, a convocatoria terá lugar o vindeiro sábado día 5, a partir das catro da tarde, na Ponte de Xuvia. n

Xornadas de limpeza en varios ríos da comarca dentro do proxecto de Adega

Te puede interesar