“O ascenso é agora ou nunca, hai que arriscar si ou si”

“O ascenso é agora ou nunca, hai que arriscar si ou si”
García aposta polos seus para subir a elite do voleibol nacional | j. meis

Uxío García –San Sadurniño, 1988– ten unha condición innata de liderazgo que xa lle vén dende pequeno. Un carácter forte que axuda a tirar dos seus compañeiros de equipo, tanto cando estes tiñan oito, nove ou dez anos, como nas últimas campañas, con algún que outro xa máis veterano. “Supoño que teño esas dotes de líder”, comenta García, “gústame animar aos meus compañeiros e eles responden cun gran respeto”. Agora, cun pé na elite do voleibol nacional, a Superliga masculina, o capitán do Intasa de San Sadurniño non dúbida en apostar por eles, polos seus, como máximos favoritos para levarse un ascenso que xa pelexaron, sen tanta sorte, o ano pasado.

Unha vez finalizada a primeira volta desta liguiña de ascenso, ¿qué valoración fai destes tres primeiros partidos?
Nos dous primeiros non hai nada que dicir ao respecto, foron impecables. Pero é certo que contra o Leganés saímos algo adormecidos e custounos meternos no partido. Unha vez que nos metimos, competímoslle e demostramos que, si o fixeramos desde o principio como o tiñamos que facer, íamoslle gañar. Eu entendo que fomos superiores a eles, despois da remontada pero..
Vexo ao equipo ben. Estamos recuperando a Marcos Piñón, que xa chega para a segunda volta do play-off, e sen dúbida danos moita vida. Recuperas a un xogador moi importante, que demostrou xa que é o mellor líbero da liga e, sen dúbida, vainos aportar moito. E, despois, aos “tocados” esta semana de descanso, venlles xenial para chegar a Lugo con garantía de xogar. A idea nosa é “saír a matar” alí e cerrarlles o ascenso, quitar un rival do medio, deixalos sen opcións. E despois xogarse todo aquí con Manacor na casa.

Por como fala, ¿pensa que a cousa vai estar entre vós e o Leganés?
Si, agora mesmo si, entendo que vai ser así, debería. A cuestión é que Leganés xoga na casa contra Manacor esta semana e eu entendo que Leganés, na posición na cal está, ten que saír tamén a matar, e ten que gañar. Non lle queda outra. Nós vamos sair gañar, depende de nós, vamos primeiros e dependemos de nós mesmos. Temos que saír a facelo en tódalas canchas para poder ascender.

E nesa rivalidade, ¿caer o outro día ante os madrileños, outra vez, deixou ao equipo “tocado”?
Non, non nós tocou en absoluto. Ao contrario, creo que nos reforza. Vernos capaces de competir con eles, como foron o tercer e cuarto set, eu creo que nos reforzou a idea de que somos mellor equipo que eles, e vámolo desmotrar. Ao final nós vamos quedar primeiros e eles segundos.

Supoño que a terceira vai a vencida –os dous últimos duelos ante o Leganés caeron do lado dos de Madrid– ¿non?
Si, supoño –rise–, espero que si. E, aparte, queremos botarlle unha revancha da Copa na súa casa, como está mandado. Deixamos os deberes para a última –ri–.

¿A que cre que se debe a boa marcha do equipo nesta fase? ¿Houbo un cambio de mentalidade, de táctica...?
Houbo un pouco de todo, si. Creo que Charly –o entrenador– vai facendo mais experiencia ao cargo dun equipo bo coma o que ten este ano. Notouse ao principio a falta de experienca que tiña en dirixir a un equipo punteiro, digamos. A presión de ter que quedar en puestos de arriba, gañar unha Copa, etc. creo que lle puido. Agora eu creo que os cambios tácticos que prantexou son os correctos, e entendo que, nos tres partidos que quedan, vai ter que facer unhas apostas por un sexteto titular, que ten que ser unha persona que arrisque, porque é agora ou nunca. Ten que buscar o risco si ou si, e que saia ben.

¿E como está vendo todo isto desde o banquillo? Porque esta tempada non puido xogar moito...
Este año as lesións non me deixaron en paz. E parecía que cando te recuperabas volvía outra lesión, se non era da espalda, era dos nocellos, se non era dos nocellos era do xeonllo... chegou un momento en que me desesperei e decidín prantarme e paraei tres semanas de xogar. Recupereime o mellor que puiden de cara a estar ao cen por cen para a fase. Creo que agora o meu nivel é óptimo, xa llo demostrei –a Charly– o outro día, que puido contar conmigo nalgún momento do partido. E espero que conte con máis minutos nesta segunda volta da liga de ascenso e aportar o que se me pida e se me esixa.

E aos teus compañeiros ¿como os está vendo de cara o obxectivo do ascenso? ¿Moi “enchufados”?
Viñeron a este club para esto. Era o obxectivo número un, mais ben o dous –por orde cronolóxico– o un era a Copa, que non foi posible. Pois agora hai que conseguir este si ou si. E eles son conscientes de que o hai que conseguir e estou seguro de que van facer todo o que teñan que facer para conseguilo.

Nalgún momento falou de que tralo ascenso sería un bo momento para a retirada, ¿segue a pensar igual?
Non sei. Depende fisicamente de como me encontre, e animicamente tamén, as ganas que teña de xogar para o ano. Pensareino agora nas vacacións se me retiro ou non. Cobelo –o presidente– non quere que me retire, pero non sei. Teño que valorar mais cousas Valorar que ao mellor eu quero e o corpo xa non deixa. Teño que mirar ben a hora de curar ben as lesións e a ver como me encontro para o ano. Seguramente a pretemporada, aínda que non vaia xogar, vouna facer co equipo. E depende de cómo me vaia encontrando... Teño tempo, podo ir mirando, se eu quero seguir vanme deixar seguir –ri–, non creo que haxa problema.

“O ascenso é agora ou nunca, hai que arriscar si ou si”

Te puede interesar