A actriz Paula Carballeira protagoniza o último monólogo do Festival Singular de Narón

A actriz Paula Carballeira protagoniza o último monólogo do Festival Singular de Narón
Salón de actos de la Escuela de Idiomas Cuentacuentos de Paula Carballeira

A actriz fenesa Paula Carballeira será a encargada de pechar esta tarde, ás 20.00 horas no Pazo da Cultura de Narón, o Festival Singular en Feminino iniciado o pasado 9 de marzo polo Padroado da Cultura e enmarcado este ano no programa de actos do Día Internacional da Muller do devandito municipio.

A contacontos galega interpretará “A Carreta Pantasma”, da compañía Berrobambán. Trátase dun espectáculo que afonda nos límites da narración oral e do teatro e que fala da morte, do medo e da memoria a través de tres historias orais. Incide tamén no feito de que en moitas ocasións vivimos no inmediato e esquecemos con moita facilidade, salientan desde a organización.

A proposta “ofrece un exercicio de sinxeleza no que se procura a emoción a través do poder da palabra cun mínimo de artificios escénicos”, engaden. Está baseada no filme sueco do mesmo título.

Entradas
As persoas interesadas en asistir poden adquirir as entradas na billeteira do Pazo ou na web do Padroado (www.padroadodecultura.es) a un prezo de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos), tal e como se informa desde o Padroado.

A actriz Paula Carballeira protagoniza o último monólogo do Festival Singular de Narón

Te puede interesar