“Produción efímera”, fotografía artística para todos os gustos

“Produción efímera”, fotografía artística para todos os gustos
imaxe da improvisada galería, na que expoñen ata mañá 66 creadores luis polo

Desde onte e ata mañá o nº 14 da rúa da Igrexa acolle unha singular exposición: “Produción efímera”. Nela, un total de 66 fotógrafos –case todos galegos e moitos deles de Ferrol e comarca– amosan unha obra que pode ser adquirida ao prezo de 50 euros. O curioso disto é que ata que merquen a fotografía exposta non saberán quen é o autor da mesma. A mostra está organizada polo colectivo Lumen, un grupo de fotógrafos locais afeitos a facer cada certo tempo unha exposición ou unha iniciativa creativa na cidade.

“Produción efímera”, subtitulada “galería anónima e flotante de venta de fotografía”, inaugurouse onte pola tarde con numerosa presenza de visitantes durante toda a xornada. Hoxe volverá abrir entre as 19.00 e as 21.00 horas e mañá, no último día de apertura, poderá visitarse durante todo o día esta mostra na que se poden ver imaxes retratadas por Jorge Meis, Rocío Brage, Carolina Martínez, Eduardo Hermida, Carlos Carballeira, José Pardo, Eloy Taboada, Luis Polo, Fran Nieto ou Ángel Manso, entre outros artistas, algúns dos cales doan os cartos a entidades benéficas.

Paisaxes, rostros, espidos, imaxes concretas e abstractas, fotos en branco e negro e cor, os visitantes poden atopar tantos estilos como fotógrafos hai nesta mostra.

“Produción efímera”, fotografía artística para todos os gustos

Te puede interesar