A II Festa da Merluza de Cedeira chega cargada de actividades

A II Festa da Merluza de Cedeira chega cargada de actividades
diario de ferrol-9999-99-99-999-4dc899df

Unha ducia de embarcacións da confraría de Cedeira dedícanse na actualidade á captura da merluza da volanta, un produto de moi alta calidade e respectuoso co medio ambiente que ademais sitúa ao porto cedeirés á cabeza dos pesqueiros a nivel estatal.
Desde mañá sábado e ata o domingo 1 de abril, o devandito peixe será o protagonista na vila coa segunda edición dunha cita que comezará esta fin de semana co Certame de Tapas e concluirá a vindeira coa II Festa da Merluza.

Entremedias, desenvolverase  unha intensa semana de actividades para dar a coñecer o que a captura deste produto representa para a economía local.
Unha das novidades da edición ten que ver coa duración do evento, que pasa de dúas fins de semana a unha semana enteira, Ademais, este ano a merluza poderá ser degustada de sete forma diferentes, pratos aos que se engadirá unha tabla de pinchos.

Concurso de tapas
O programa comezará mañá sábado e o domingo coa segunda edición do Concurso de Tapas de Merluza de Cedeira, no que participarán 16 locais de hostalería –catro máis que o pasado ano–. O obxectivo da iniciativa pasar por promocionar o produto e dar a coñecer a calidade e variedade que existe dentro da gastronomía local.
Durante estas dúas zornadas, veciños e visitantes poderán consumir as tapas ás horas do mediodía nos seguintes establecementos: Brisa, Praza do Peixe, Mesón San Antón, Mesón Jojó, Mesón A Marieta, Restaurante Vila Vella, Mesón A Ría, Mesón A Balandra, Cervecería Rosi, Mesón O Amanexo, Pizzería Sheriff, Cafetería Auditorio, Mesón o Mesón, Bar Galifornia, Cervecería La Central e o Malecón.
O prezo da consumición será de 1,5 euros e os participantes poderán emitir as súas opinións para participar no certame. Os consumidores actuarán así de xurado amosando a súa opinión nas tarxetas de votación que estarán dispoñibles nos establecementos participantes.
Será obrigatorio ter consumido cinco tapas diferentes par poder emitir o voto. En cada negocio haberá que homologar a tarxeta que, unha vez dispoña dos cincos selos esixidos, se poderá depositar en calquera das caixas de votacións distribuídas polos locais. Só se admitirá unha tarxeta por persoa e só serán válidas aquelas que cumpran os requisitos establecidos pola organización. Os participantes serán incluídos no sorteo dunha cea para dúas persoas no establecemento gañador do certame.
 

Festa da Merluza
A II Festa da Merluza, organizada pola Confraría de Pescadores coa colaboración do Concello e do Museo Mares de Cedeira arrancará o luns 26 con visitas guiadas ao museo, a celebración de obradoiros de costura de redes e percorridos pola Cedeira más mariñeira, en diferentes días e horarios.
Os interesados poden apuntarse ou recibir máis informacio´n no correo electrónico osentirmarineiro@confrariacedeira.es ou a través dos teléfonos 981 480 389 e 608 926 390. A participación é gratuíta. Tamén estará aberta ao público a exposición permanente no museo en horario de 10.30 a 13.30 horas.

As xornadas do sábado 31 de marzo e do domingo 1 de abril comezarán ás dez da mañá, cunha visita guiada pola vila de Cedeira. 
A degustación comezará pasadas as doce do mediodía co reparto das primeiras racións de merluza. A sesión vermú, prevista para as 14.00 horas, estará amenizada por “Blues do País e o Sindicato da Taberna”.
As visitas á exposición permanente do Museo Mares de Cedeira serán ás 11.00, 13.00, 17.00 e 18.00 horas e os obradoiros previstos, un de costura de redes e outro de manualidades, darán comezo ás 12.00 horas e ás 17.30 horas.
A degustación non se interrumpirá ata as doce da noite.
Ao día seguinte, o domingo, a xornada gastronómica será de 12.00 horas a 19.00 horas.
O acto  de entrega do premio ao establecemento gañador do concurso de tapas e o do público está previsto para as 14.00 horas e inmediatamente despois dará comezo a sesión vermú coa actuación de “Pablo Balseiro e los Canillas”.

A II Festa da Merluza de Cedeira chega cargada de actividades

Te puede interesar